Sumar suspende a integración dos partidos tras atrasar IU a súa decisión ao respecto até maio

Yolanda Díaz, líder de Sumar e vicepresidenta do Goberno español. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Poucos días antes da creación da súa Executiva, prevista para o sábado, Sumar conxelou a terza feira a integración das formacións que participan na alianza e só escollerá 70% do organismo após decidir Izquierda Unida (IU) aprazar até a súa Asemblea en maio a decisión sobre a relación con Sumar, todo isto no medio dun choque pola conformación da candidatura ás eleccións ao Parlamento da UE en xuño, na que IU aceptou ir no cuarto posto.