O PSOE confirma que non entrará no Goberno de Goretti Sanmartín en Santiago

O PSOE de Santiago confirmou formalmente ao BNG que non entrará no Goberno local nunha reunión mantida esta terza feira, logo de que a alcaldábel nacionalista, Goretti Sanmartín, destacase que conta cun "equipo sólido" para dirixir a cidade e insistise en que a porta queda "aberta" para os socialistas. "Temos un equipo de goberno sólido e cohesionado que marcará un cambio de rumbo para transformar a capital galega, que traballará en diálogo cos axentes sociais e cos veciños para adoptar as decisións estratéxicas de Santiago de Compostela a partir de agora", defendeu, reiterando a súa vontade de formar un goberno "o máis amplo posíbel, atendendo ao resultado do sentir maioritario dos veciños".
Os equipos de PSOE e BNG reuníronse esta terza feira no Pazo de Raxoi. (Foto: Concello de Santiago)
photo_camera Os equipos de PSOE e BNG reuníronse esta terza feira no Pazo de Raxoi. (Foto: Concello de Santiago)
Comentarios