O pacto de salarios asinarase esta cuarta feira sen a presenza do Goberno español

O presidente da CEOE, Antonio Garamendi, adianta que o acordo de salarios alcanzado con CCOO e UXT para o período 2023-2025 será asinado esta cuarta feira. O líder da patronal confirma hoxe que non se vai convidar ao acto nin o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, nin á vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. A explicación, dixo, é que se trata dun acordo no que non participa o Goberno por ser a negociación colectiva unha materia que lles compete exclusivamente a sindicatos e empresarios. "Aquí non se vetou ninguén, nin se veta ninguén, pero, e eu creo que e os sindicatos téñeno claro tamén, este é un acordo bipartito", afirmou, ao tempo que cualificou o pacto de "importantísimo".
O presidente de CEOE, Antonio Garamendi, nunha conferencia (Foto:   Alberto Ruiz / Europa Press).
photo_camera O presidente de CEOE, Antonio Garamendi. (Foto: Alberto Ruiz / Europa Press)
Comentarios