INTERNACIONAL

GALERÍA | Así se vive o incendio de València

Un incendio de grandes proporcións está a arrasar na tarde desta quinta feira parte dun edificio de 14 plantas no barrio de Campanar, en València. O fogo xerou unha gran columna de chamas e unha densa fumareda que afecta varias plantas do edificio segundo se pode contemplar en imaxes difundidas por redes sociais.