VÍDEO | Así avanzou durante a noite o lume en Baleira

This browser does not support the video element.

O primeiro grande incendio do ano, orixinado a pasada terza feira, continúa activo e aínda sen control en Baleira (comarca da Fonsagrada). Até o momento arrasou unha superficie próxima ás 1.100 hectáreas, o dobre que as que notificaba a última hora desta cuarta feira a Consellaría do Medio Rural. Un particular cedeu este vídeo a 'Nós Diario' no que se pode apreciar o avance das chamas.