Máis de 64.000 tartarugas chegan á illa Raine, Australia, para poñer os seus ovos
10 de xuño de 2020 (14:34 h.)
Investigadoras do Proxecto de Recuperación da illa Raine, na Australia, conseguiron capturar imaxes impresionantes dun grupo de tartarugas verdes na Grande Barreira de Coral. Coa axuda dun dron, a filmación mostra máis de 64.000 tartarugas femias migrando para dita Illa, onde acostuman poñer os seus ovos.