Opinión

Atentado á «liberdade» de quen?

Unha vez máis, os media cualifican os asasinatos de París como crimes contra a liberdade. Tamén os das Torres Xemelgas e o do Pentágono foron atentados contra a «liberdade». Seica só existe «liberdade» no mal chamado Primeiro Mundo e, polo tanto, cidadáns libres.

Unha vez máis, os media cualifican os asasinatos de París como crimes contra a liberdade. Tamén os das Torres Xemelgas e o do Pentágono foron atentados contra a «liberdade». Seica só existe «liberdade» no mal chamado Primeiro Mundo e, polo tanto, cidadáns libres. Pero a realidade é ben outra. Son eses chamados países do Primeiro Mundo, por medio dos seus lexítimos gobernos, os que saen á rúa defender a «liberdade»  e, día si día non, deciden pór aquí un sátrapa e alí un dron e acolá a defenestración do presidente libio, asasinándoo e sodomizándoo.

"Son eses chamados países do Primeiro Mundo, por medio dos seus lexítimos gobernos, os que saen á rúa defender a «liberdade»  e, día si día non, deciden pór aquí un sátrapa e alí un dron e acolá a defenestración do presidente libio, asasinándoo e sodomizándoo".

Os centos de milleiros de mortos do outro mundo, asasinados polo Primeiro, non son mártires da liberdade porque non eran libres. Son seres fanatizados que viven para destruír a nosa «liberdade», as nosas rebaixas, os nosos ximnasios e as nosas vacacións. En revistas satíricas rin das nosas poucas crenzas materiais; o espiritual é cousa deles, que son seres fanatizados. Realizan filmes grotescos nos que somos presentados como animais gobernados por sanguinarios animais. Cada morto deles equivale a 100.000 dos nosos. Cando lles peta decretan embargos de menciñas, xogan coas nosas materias primas e deciden cando podemos ter liquidez para levar algo á boca.

Cando nós, occidentais libres do Primeiro Mundo, decidimos emigrar a un dos seus países (por razóns económicas) resérvannos cidades dormitorio sen posibilidade de emprego ou estudo para perpetuar a situación de indefensión, e observamos o desprezo con que somos tratados na rúa ou cando pretendemos reagrupar as nosas familias.

En fin, pouco máis que dicir sobre o inmenso desexo do Islam de destruírnos inxustificadamente.

Comentarios