Opinión

Golpe contra Catalunya

Destituír o Govern desde Madrid. Liquidar o Parlament de Catalunya desde Madrid. Controlar a TV3 desde Madrid.


Esa é a resposta española (PP+PSOE+Cs, 68 por cento do voto nas eleccións xerais de xuño de 2016) fronte ao procés, unha dinámica social plenamente democrática que se basea na invocación dun direito colectivo básico, o da autodeterminación, recoñecido no ordenamento legal internacional.

Ben, imaxinemos que o independentismo e o autodeterminismo (cuxa suma é muito maioritaria en Catalunya, o tripartito unionista só representa 38 por cento do voto no Principat) volta a gañar con contundencia as eleccións ao Parlament que Rajoy irá convocar desde Madrid. Cal sería a reacción española? Prorrogar ad eternum o protectorado unionista? Suspender definitivamente a "autonomía"? Aplicar entón a lei de partidos para ilegalizar as ideas independentistas, isto é, pór fóra da lei a metade da sociedade?

 Cal sería a reacción española ante unha nova vitoria soberanista nas eleccións? Prorrogar ad eternum o protectorado unionista? Suspender definitivamente a "autonomía"?

 

O Estado intérnase nun beco sen saída. O soberanismo debe manter a calma, manter a unidade (básico) e responder sempre desde a razón democrática. O futuro é seu.

O Estado español actúa pola súa inercia histórica. O autoritarismo explica a súa natureza. Non sabe axir doutra forma. La Falange está ao mando e o PSOE non é a primeira vez que lle fai as beiras á reacción (lembremos a colaboración de largos sectores dese partido coa ditadura de Primo de Rivera).

O Estado español actúa pola súa inercia histórica. O autoritarismo explica a súa natureza. Non sabe axir doutra forma. La Falange está ao mando e o PSOE non é a primeira vez que lle fai as beiras á reacción

 

A represión non resolve os problemas políticos porque esperta consciencias e revela o rosto real do monstro. Un goberno de ocupación é o primeiro paso para a definitiva derrota do Estado en Catalunya. Esa derrota é conditio sine qua non para a democracia se abrir definitivamente paso.

Este é un golpe contra Catalunya, si. Mais tamén é un golpe contra as sociedades que se queren libres. É un golpe tamén contra todas e todos nós.

Comentarios