Opinión

Alcoa: de que nos serve Feixoo?

Poderiamos estender a cuestión e perguntarnos: de que nos serve o goberno galego?

Se xulgamos o asunto á luz da posición pública adoptada esta quinta feira por Feixoo en relación ao fechamento da factoría de Alcoa na Coruña, a resposta é que non nos serve de nada. Alguén coñece cales son os trazos básicos da política industrial e/ou enerxética do goberno galego? Algunha iniciativa salientábel a ese respeito por parte do conselleiro Conde

Todo o que sabemos é que Feixoo atacou o BNG pola proposta nacionalista de irmos a unha tarifa eléctrica galega. OK, supoñamos que esa iniciativa é descabelada e irrealista. Vale, mais cal é a alternativa da Xunta? Cal a proposta para desde a política dar cabo ao contra-sentido de unha potencia excedentaria en enerxía eléctrica, a Galiza, ver como unha factoría fecha pretensamente por culpa do custo dos quilowatts?

Nada, Feixoo non propón nada. Limítase a usar a cadeira presidencial para mallar no BNG e no Goberno Sánchez, a imputarlle ao executivo español que non coñecía as intencións de Alcoa. E coñecíaas el? Alguén en Alcoa ve en Feixoo un interlocutor para algo?

Comentarios