Opinión

Tolerancia cero coa violencia machista

O asasinato de mulleres, ultimamente, incrementouse no Estado español dunha maneira alarmante e acelerada. Nestas últimas semanas na Galiza dúas vítimas do terror machista foron acoiteladas por súas parellas, Ana Enjamio de 27 anos en Vigo, e Elena Marcus de 30 anos en Santiago. As cifras son demoledoras ante un grave problema que conmove á sociedade, mais as diversas institucións estatais, autonómicas, xudiciais e de orde público non concretan severas medidas contra este tipo de masacres. O problema é tan extenso e abominábel -por non utilizar a palabra xenocidio- mais o formato como se cometen estes crimes teñen o arrepiante e demoledor matiz operativo que empregan os xenocidas. Unha sociedade que se di democrática e baseada en valores sociais e de igualdade de xénero, non pode tolerar por mais tempo a decapitación de mulleres que soportan a vexación e o maltrato de persoeiros mediocres e cunha idea medievalista, de que a muller é un obxecto que poden dispoñer dela e manipulala a seu entoxo; un ser dependente e ao servicio das prepotencias e das dispoñibilidades do que a indecencia do machista ordena e executa. Para el, esta especie de tiranía de xénero xustifícase nunha pirámide de crueldades, en cuxo vértice proclámase o asasinato.

Levamos varias decenas de anos en que a espiral do crime machista vai en ascenso e as cifras de maltrato e asasinato de mulleres pasou a barreira das alarmas. Pasou con creces os límites do intolerábel

Levamos varias decenas de anos en que a espiral do crime machista vai en ascenso e as cifras de maltrato e asasinato de mulleres pasou a barreira das alarmas. Pasou con creces os límites do intolerábel. E todo parece que a sociedade impón como xesto solidario coas mulleres asasinadas ir a porta do concello gardar un minuto de silencio e irritarse durante uns poucos días. Si, os xestos din moito, mais falta unha firmeza intrínseca na sociedade que lle permita instar ao goberno, aos gobernos e institucionais para acelerar un modus operandi que responda categoricamente contra toda clase de actitudes machistas, que impoñen seu terror sobre a muller. Neste ámbito, as prevencións que se teñen feito foron mal orientadas polas institucións do Estado, partindo de denuncias concretas, sen ir alén das mesmas. Hai miles de casos que non se denuncian, mais non quere dicir que o drama non exista porque non se denuncia, quizais por temores e riscos maiores que prevé a maltratada.

Neste sentido, a cidadanía ten a impresión de que as prevencións contra o acoso sexual e contra o maltrato, son elementos moi dispersos para os organismos oficiais que tratan sobre esta materia. A veces confúndese prevención educativa con dispositivos de orde público e con sentencias xudiciais. Todo un campo de confusións e de contradicións que limitan ordenar un novo sistema operacional no que se impoñan normativas de igualdade no ensino, onde as fórmulas sexistas de antano comezan a alimentar nas novas xeracións esa rancia imposición machista, en tantas ocasións soportada por adolescentes en idade escolar. Neste terreo faixe o posíbel por detectar certos acosos que cada día son materia nos medios de información? Hai medios para erradicar comportamentos estraños e loitar contra o silencio imposto polos infractores? Debemos ser conscientes de que a labazada que se tolera hoxe pode dar azos ao maltratador a que  cometer o crime de mañá.

Os efectivos policiais na loita contra o machismo precisan dunha adecuada modernización e dun seguimento que salvagarde a integridade da muller ameazada ou maltratada

Os efectivos policiais na loita contra o machismo precisan dunha adecuada modernización e dun seguimento que salvagarde a integridade da muller ameazada ou maltratada. Xa vimos en tantas ocasións que o seguinte paso do agresor é o asasinato. Nin un colar resolve o problema nin se vai pór un policía por cada muller ameazada, precisaríamos de moitos miles de policías. O problema non é fácil, mais hai que asumilo e resolvelo. En casos moi graves podíaselle permitir a muller maltratada e de alto risco de ser asasinada, que leve unha arma para a súa autodefensa? No que toca á Xustiza falta un código que responda ás agresións dunha maneira sistemática e non respondendo a criterios persoais dos xuíces, como resulta notorio o que dixo aquela xuíz que preguntou a unha muller violada polo seu ex, o seguinte: “¿Cerro bien las piernas, cerro toda la parte de los órganos femeninos?” Isto para moitos medios pareceu unha complicidade co delincuente. Pois, “Se non è vero, è ben trovato”. Con este tipo de espolio xudicial non conseguiremos eficacia en esclarecer xustiza, nesta clase de feitos.

O actual goberno liquidou o Ministerio de Igualdad, creado por José Luis Rodríguez Zapatero, un ministerio que comezaba a rodar con moi poucos recursos, mais que deu pasos en firme sobre un proceso necesario en defensa da muller, como dona de si e libre de ataduras machistas. Houbo un impulso na información, na protección da muller ameazada e maltratada. Acelerouse a marcha da liberdade e dos dereitos da muller, ese albor apagouse coa ascensión de Rajoy á xefatura do goberno. Aos acólitos do neofranquismo apetécelles que a muller continúe castrada, submisa e baqueteada. En inferioridade en dereitos sociais e salarios con respecto ao home.     

Comentarios