Opinión

Por que presidenta?

Seguramente, en tempos nos que a igualdade é unha batalla en efervescencia, algúns non entenden que a condición de muller é un plus engadido á hora de apoiar un candidato á presidencia desta bendita terra. Claro está que para min si que o é.

É tempo de deixar claro que unha muller pode e debe liderar un cambio neste país, tan dado a render pleitesía a machos alfa, con frescura nas ideas, traxectoria impecábel e ilusión desbordante. As mulleres hai tempo que deixaron de ser xarros chineses, para cubrir cotas da desmemoria. Este país precisa que o lidere alguén de mente preclara, traballadora e claridade no vieiro de futuro. E, despois dela, virán máis. Dicía Gorki que un home nace para que despois poida nacer un home aínda mellor. Pois aquí necesitamos algún pontón para unir, que non sexa provisional, senón que veña para quedar, polo ben de todos e todas.

Comentarios