Opinión

O cinismo, eixo da actuación política-xurídica

Cómpre en primeiro lugar, por xustiza esclarecer que é un cínico. En Grecia, os cínicos son unha corrente fco-ética do s.IV a.c. Foron un grupo de cidadáns/as que buscaban a felicidade e virtude na independencia e no desprezo das institucións e convencións sociais. Un retorno a unha autarquía individual. Un desafío ao establecido. Un representante recoñecido é Diógenes. A través dos séculos ese carácter de rebeldía social e non dependencia da corrección política establecida, perdeu o seu significado orixinario e sentido liberador dos individuos. 

Hoxe, o cinismo ten carácter pexorativo, significa cretinez, insolencia, caradura, desvergonza. Eu utilizo o termo cínico na acepción actual, sinónimo de insolente, caradura e desvergonzado. No ámbito político hai un claro exemplo de cinismo nas declaracións que P. Casado fai, logo do acordo co PSOE, para renovar as altas instancias xurídicas, salvo o CXPX ¿non sabemos porque ou si sabémolo…? Hai que ser un cínico, un desvergonzado, un caradura para insultar a cidadanía afirmando "Haber avanzado na despolitización… e no avance da independencia dos órganos xudiciais, neste caso do Tribunal Constitucional e no Tribunal de Contas…", "Tiñamos que propoñer candidatos/as que non foran políticos/as, nin sequera expolíticos/as. Iso cumpriuse" (El País, 23/10/21, páx 17). Os dous candidatos para o T.C. propostos polo PP son: Enrique Arnaldo, catedrático de Constitucional, ex vocal do CXPX polo PP en 1996. O seu despacho entre 2001 e 2017 tivo numerosos contratos de administracións corruptas do PP. Traballou para os gobernos de Baleares con Jaume Matas, imputado no caso Palma Arena e para o de Madrid con Ignacio González. Presunto "trafico de influencias". Poñente, coordinador entre 2003 e 2019 en 153 seminarios FAES, fundación presidida por Aznar que asesora as polticas do PP, por exemplo a política lingüística de N. Feixoo. 

Outro posto é para Concepción Espejel, preside a Sala do Penal na Audiencia Nacional, formou parte do CXPX a proposta do PP no 2013 deixa este posto para presidir a Sala do Penal, opúxose á absolución de Trapero e foi recusada para xulgar o caso Gürtel polas súas vinculacións co PP. O cinismo do PP en boca de P. Casado é de tal magnitude que ademais de ser un insulto é vergoñento. 

Os candidatos propostos polo PSOE: Ramón Sáez, maxistrado da Audiencia Nacional, eloxido no 96 para o CXPX  a proposta de EU, poñente da sentencia que absolveu ós acusados/as do asedio ó Parlamento de Calaluña. Inma Montalbán, maxistrada do TSJ de Andalucía, no 2008 vocal do CXPX a proposta do PSOE. Presidiu o Observatorio contra Violencia de Xénero. Pouco independentes pero si progresistas. O pacto articulouse en 24 horas, estivo bloqueado moitos meses. O TC mantén a maioría conservadora –7 PP fronte a 5 PSOE–,  oque ven demostrar de novo a eficacia do bipartidismo imperante. ¿Por que esperar tantos meses para este resultado? ¿ Por que non rematar co fraude de lei do CXPX? Estas actuacións evidencian a impunidade coa que actúan os dous partidos e como se impón "o goberno dos xuíces". 

Volvemos as teses de Maquiavelo cando aconsellaba ao príncipe que non era necesario ser virtuoso pois máis importante que ser é parecer. Demostrar a súa radical independencia resulta altamente difícil, os méritos e personalidade dos candidatos/as non son iguais, pero si o Constitucional é o encargado de impedir que a concentración de poderes xere abuso e inxustiza para os cidadáns, a súa perversión e a certeza do sectarismo do PP nos seus nomeamentos cuestiona seriamente o fin do T.C como "Tribunal que debe garantir a distribución de poderes establecida na Constitución e ser símbolo do Estado de Dereito". Os Tribunais europeos corrixen continuamente as malas sentencias do poder xudicial do E.E.Irlanda, Estrasburgo, Bélxica, Bruxelas, Alemaña, Italia, Francia... Tribunais destes países tiran abaixo as peticións de extradición contra os políticos cataláns. Con este goberno de xuíces non estraña unha sentencia como a da maxistrada españolísima de primeira instancia do Xulgado nº 7 de Marbella sobre a "Galiza profunda". O CXPX arquivou a  querela contra esta xuíza por esta sentencia.

Comentarios