Opinión

Rematando o curso e sen exame do Celga

Hai unhas semanas saíu a noticia de que a Xunta realizará os exames CELGA no mes de abril e isto é unha vergoña

Hai unhas semanas saíu a noticia de que a Xunta realizará os exames CELGA no mes de abril e isto é unha vergoña. Como pode ser posible que o curso remate en decembro de 2015 e os exames sexan 4 meses máis tarde?

O alumnado está pagando polo conflito co profesorado e nós non temos culpa que a Xunta tivera aos seus docentes en situación irregular.

Nós non temos culpa que a Xunta tivera aos seus docentes en situación irregular

Este ano convocaron os cursos no mes de agosto, cando nunca se fixera. Moita xente estaba de vacacións e non se enterou do periodo de matriculación que rematou o 8 de setembro.

Se tiveron tanta présa para convocar os cursos tiñan que ter prevista a data do exame para cando remataran estes. Podemos entender que é un pouco complicado estando as festas de Nadal polo medio, pero o máis lóxico era que saíran en xaneiro. Ou non queren que teñamos bos resultados para que non perpetúe o idioma?

Comentarios