Opinión

A nobreza do humano, ula vai?

Fagamos un pequeno exercicio de imaxinación, tentemos  deixar á marxe a  sucesión de feitos, estatísticas e novas efímeras, sen continuidade nin  durabilidade, superemos esta abafante e cíclica reencarnación da  realidade única e gris que tantas vidas está a levar por diante.

Fagamos un pequeno exercicio de imaxinación, tentemos  deixar á marxe a  sucesión de feitos, estatísticas e novas efímeras, sen continuidade nin  durabilidade, superemos esta abafante e cíclica reencarnación da  realidade única e gris que tantas vidas está a levar por diante.

<"Que pode significar a día de hoxe vivir, cando sobrevivir xa é todo un reto para tantos miles de millóns de [email protected] sen rendas inconmensurábeis, ou para a inmensa totalidade de seres vivos que poden desaparecer sen deixar rastro, sepultados no silencio?"

Que pode significar a día de hoxe vivir, cando sobrevivir xa é todo un reto para tantos miles de millóns de [email protected] sen rendas inconmensurábeis, ou para a inmensa totalidade de seres vivos que poden desaparecer sen deixar rastro, sepultados no silencio?

A natureza enteira interpela á sensibilidade das conciencias de seres dotados de linguaxe e, aínda así, que  tanto semellan renegar da busca de solucións as urxencias decisivas. Neste sentido, as teorías e certas praxes  asumidas dende o  ecofeminismo merecen unha  especial atención para quen pense que xa son chegados os tempos de superar o labirinto en que se atopan as sociedades actuais; tanto pola perda da biodiversidade dos ecosistemas como  polos  dogmas do capitalismo postindustrial, ditados  que impiden a toma doutras  decisións e entorpecen o cambio de rumbo que o planeta Terra está a demandar.

Enumerar trazos, describir o que ocorre,  non abonda para poder mudar situacións opresivas e inxustas que estamos a vivir ou a llas  impor a calquera outra forma de vida non – humana. Sen emitirmos unha valente reclamación, non seremos quen de valorar problemas que cómpre  ir solucionando, se realmente somos quen de transformar as situacións. E fomos quen, a historia humana nolo confirma. Con todo, a orientación das mudanzas pode virar, quer para tentar salvar o mundo enteiro, quer para sacrificar a plenitude de vidas humanas e de seres vivos se o abandoamos  nas mans da infinda desidia dos poderosos. 

"No mundo non hai nin mans nin cerebros illados. Todo proxecto de ter un mundo sen humanos e sen vidas disconformes, un mundo sen liberdade, está condeado ao fracaso". 

Non sobra a plebe, non. Sobran as mentes inútiles, cobizosas de artefactos, segadoras das vidas de quen os crean. A técnica sen teoría social, sen xustiza social, é mera ociosidade. Un cerebro illado non conecta co mundo, a curto prazo posibelmente deixe de operar, por moitos produtos e artefactos, por moitas redes humanas e non humanas que engula ou tente acumular. Con todo o mundo aos seus pés, con todo o seu proxecto de exterminio do mundo, o seu exercicio será, máis cedo que tarde, absolutamente inútil. 

Mesmo se  un conxunto de cerebros atómicos e multimillonarios acadasen  comunicación (e poidesen relacionarse exquisitamente só entre ele) por medio dunha xigantesca rede tecnoneuronal conectada a todas as estacións teleoperadoras das que son propietarios absolutos, terían propiedades, e poderían, quizais, por  certo tempo,  seguir reproducindo as súas caudalosas  relacións de propiedade, porén non lograrían superar a conmoción de atoparse coa paralización total dun sistema desconectado do tempo e dos límites: sen raíces co pasado, sen presente diferencial, ergo, tamén sen capacidade de futuro.  

Un cerebro sen mans, pensa; mais xa non pode seguir creando sen comprender a  evolución das especies vivas. Unhas mans sen cerebro non coordinarían nada. No mundo non hai nin mans nin cerebros illados. Todo proxecto de ter un mundo sen humanos e sen vidas disconformes, un mundo sen liberdade, está condeado ao fracaso. O fracaso dun proxecto concibido sen pensar nos límites da vida, nin nos límites do soportábel.

"Precisamos vidas que non se vexan limitadas á capacidade de resistencia física e psicolóxica para  dotarmos dun rumbo esperanzador a vida enteira".

De facto, o que acontece é que cerebro e man dialogan dende que están enlazados mantendo unha relación dialéctica e dinámica moi interesante. E aínda teñen que entenderse coas demandas da  corporalidade.

O sobranceiro conxunto de átomos illados non debera esquecer que o baleiro pode non chegar de novo a reunilos, pode o azar deixalos luxosamente perdidos  e isolados no espazo sideral. Non hai destinos prefixados de antemán, as situacións poden mudarse. A historia non morre, non morreu, nin morrerá.
A cultura humana abrollou de hábiles mans a tecer un mundo de complicidades sociais e de afectos e cun claro obxectivo de sobrevivencia colectivamente impulsado. 

Precisánse todas as vidas e toda a afouteza humana  para ampliar o espazo da vida e recoñecermos  os límites, o que realmente xa non é vida. 

Precisamos vidas que non se vexan limitadas á capacidade de resistencia física e psicolóxica para  dotarmos dun rumbo esperanzador a vida enteira. Para que poida emerxer un novo  e atraente horizonte vital e medren vidas impulsadas por fins solidarios e nobres. Para poder arriar definitivamente o velame das servidumes económicas.
                            
                        María Xosé C.Trillo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios