Opinión

Temos unha monarquía corrupta, protexida por PP, PSOE e Cs

O 11 de xullo de 2018 produciuse un auténtico terremoto político, que tivo varías réplicas nos días seguintes. O hipocentro deste terremoto estaba situado nunha conversa gravada en Londres na primavera de 2015 polo comisario José Manuel Villarejo —que está, de momento, no cárcere acusado de corrupción— e todos os expertos coincidían en que tivo unha magnitude nunca rexistrada no Estado español, próxima a 10 na Escala de Richter.

A causante dese terremoto foi a princesa Corinna, coñecida como “amiga entrañable” do rei Juan Carlos, protagonista desa conversa, que estaba acompañada por Juan Villalonga, ex–presidente de Telefónica, ademais do citado Villarejo. Este comisario sinalaba, mediante carta enviada a El Español, que un tenente coronel do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) lle encargou acercarse a Corinna para recuperar toda a información sobre a Familia Real. Daquela, o xefe do CNI era o xeneral Félix Sanz Roldán.

A pesar do espectacular desta noticia, destapada por El Español (de Pedro J. Ramírez) e OKDiario (de Eduardo Inda), a verdade é que non estamos a falar de nada novo porque era coñecido desde hai anos que temos unha monarquía borbónica corrupta, que se enriqueceu con todo tipo de actuacións legais ou ilegais e que Juan Carlos I era o principal comisionista do reino. Todo isto foi publicado hai anos e o libro Os Borbóns, unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo, que publiquei en 2016 en Edicións Laiovento, xa recollía detalles desa corrupción, que foi convenientemente silenciada por case todos os medios de comunicación. Nesta ocasión o contido desta conversa con Corinna (ela mesma confirmou a súa veracidade) non puido ser secuestrada porque tivo importante repercusión na prensa internacional.

Estes titulares de diversos medios de comunicación recollían aspectos fundamentais deste terremoto político:

Corinna aseguró que el rey Juan Juan Carlos la usaba como testaferro para ocultar patrimonio en el extranjero. “No porque me quiera mucho, sino porque resido en Mónaco”. (La Voz de Galicia, 11-7-2018).

Corinna: “Juan Carlos ha puesto cuentas de banco en Suíza a nombre de su primo Álvaro de Orleans y Borbón. (El Español, 11-7-2018).

Corinna revela que Juan Carlos I recibió 80 millones de euros por la construcción del AVE a La Meca. (Público, 12-7-2018).

Alberto Garzón: “Que los borbones son unos ladrones es un hecho constatado”. (Público, 12-7-2018).

Corinna dice en los audios de Villarejo que el rey emérito pedía dinero para Nóos: “No distingue lo legal de lo ilegal”. (Eldiario.es, 12-7-2018).

Juan Carlos recibió con la Reina en la Zarzuela a Sol Bacharach mientras era su “novia”, según Corinna. (El Español, 12-7-2018).

Corinna asegura que el rey emérito ocultaba el dinero a través del “gestor financiero” de Gürtel en Suiza. (Eldiario.es, 12-7-2018).

Corinna dice que el rey emérito se aprovechó de la amnistía fiscal del gobierno de Rajoy. (Eldiario.es, 12-7-2018).

Técnicos de Hacienda creen que el rey emérito podría ser investigado por fraude fiscal y blanqueo. (Eldiario.es, 12-7-2018).

El juez Castro: “De haber tenido la información que tenemos hoy habría llamado a Corinna como testigo” (Infolibre, 12-7-2018).

El aforamiento blinda al rey emérito ante el TS pero permite investigarle si blanqueó tras abdicar. (Infolibre, 13-7-2018).

El Gobierno no valora las revelaciones de Corinna sobtre Juan Carlos I porque son “antiguas” y “no afectan” a Felipe VI. (Infolibre, 13-7-2018).

IU y Podemos retan al PSOE a apoyar una investigación sobre los negocios del rey Juan Carlos. (La Voz de Galicia, 15-7-2018).

El PSOE descarta por ahora la comisión sobre los negocios de Juan Carlos I (La Voz de Galicia, 17-7-2018).
   

Jesús Maraña, director de Infolibre, tiulaba un artigo “Corinna y las cloacas del Estado”, que en realidade debería titularse “A monarquía borbónica e as cloacas do Estado” porque a corrupción chega até os mesmos cimentos do Estado, é dicir, unha monarquía que ten a súa orixe en 1969, cando o ditador Franco nomea a Juan Carlos como o seu sucesor na Xefatura de Estado.

Que ninguén pense que este novo escándalo vai ter hoxe repercusións importantes sobre o futuro da monarquía borbónica. Todo está controlado e o aparato do Estado xa está a traballar, como noutras ocasións, para que este tsunami quede en nada. O CNI presionando e ameazando a Corinna para que  non fale moito e cumprindo unha das súas principais funcións: defender o prestixio da monarquía. Como o CNI precisa dun traballo continuado, a nova ministra de Defensa, Margarita Robles, mantén como director o xeneral Félix Sanz Roldán. A Xustiza lembra que a figura do rei é inviolable, segundo a Constitución, ou que todo está prescrito. Facenda mira para outro lado. O CIS, que ten a José Félix Tezanos como novo director, seguirá sen preguntar sobre se a xente prefire Monarquía ou República. E os medios de comunicación continuarán a difundir o afortunados que somos tendo a Felipe VI como rei, que non ten nada que ver cos negocios do pai. Todo unha mobilización, perfectamente coordinada, baixo esta consigna xeral: “Salvemos a monarquía”, que se presentará como salvemos a democracia. E aquí non pasa nada.

Todo está controlado e o aparato do Estado xa está a traballar, como noutras ocasións, para que este tsunami quede en nada

 

Evidentemente, hai datos dabondo para sentar no banquiño dos acusados ao Rei Emérito, pero iso non vai suceder porque deterioraría a imaxe da monarquía que, argumentarán, xa quedou referendada cando se aprobou a Constitución en 1978. Por outra banda, os partidos monárquicos (PP, PSOE e Cs) xa impediron co seu voto en numerosas ocasións calquera tipo de investigación sobre a corrupción da monarquía.

A portavoz do goberno Isabel Celaá deixaba moi claro a posición do goberno do PSOE cando despois do consello de ministros do 13 de xullo manifestaba en roda de prensa: “Las grabaciones de Corinna, afortunadamente, no afectan al jefe del Estado, Su Majestad el Rey Felipe VI. Son grabaciones antiguas y, por lo tanto, ni las consideramos”. Argumentación moi pobre porque unha cousa antiga é de hai 30 ou 40 anos, pero aquí estamos a falar dunha conversa de hai tres anos, é dicir, de total actualidade, despois da abdicación de Juan Carlos I. Por outra parte, interpelada a ministra de Facenda, María Jesús Montero, sobre se o seu ministerio vai abrir unha investigación sobre unha posíbel fraude fiscal e branqueo de capitais de Juan Carlos I, contestaba: “La Agencia Tributaria, por ley, no habla de contribuyentes, de expedientes, ni de investigaciones”. Pedro Sánchez prometía: cando cheguemos ao goberno publicaremos  a relación das persoas que se beneficiaron da amnistía fiscal. O  PSOE xa anunciou que non farán pública esa lista.

O PSOE non engana a ninguén. É un partido monárquico, é dicir, partidario da monarquía, desde hai moitos anos, e está pola continuidade desa monarquía na persoa de Felipe VI. Aínda máis, impide que a súa militancia poida opinar sobre a forma de Estado, como sucedeu no seu propio congreso celebrado en xuño de 2017, que era o do regreso de Pedro Sánchez á secretaría xeral do partido. As Xuventudes Socialistas presentaban esta emenda ao relatorio político: "Avanzar e implantar la república como modelo de Estado mediante una reforma constitucional y la convocatoria de un referéndum". Foi aprobada en comisión con 98 votos a favor e 69 en contra. Soaron as alarmas porque estaban en perigo a imaxe e os cimentos monárquicos do PSOE, así que o equipo de Pedro Sánchez empregouse a fondo para impedir que esa emenda chegase ao plenario porque moitos opinaban que podería ser aprobada. As intensas negociacións provocaron un atraso de dúas horas no inicio do plenario e, finalmente, as Xuventudes Socialistas retiraron a súa emenda e aceptaron que a versión final quedase así: "El PSOE tiene su propia concepción sobre el modelo de Estado y la forma de gobierno hacia la que quiere avanzar, fortaleciendo los valores republicanos y promoviendo un modelo federal". En definitiva, unha claudicación total. Quedaba claro que o PSOE non é un partido que traballe pola chegada da República, senón só por fortalecer valores republicanos. Algo é algo. 

Os partidos monárquicos (PP, PSOE e Cs) xa impediron co seu voto en numerosas ocasións calquera tipo de investigación sobre a corrupción da monarquía

 

As Xuventudes Socialistas volvían á carga e con motivo da celebración do Día da República de 2018 presentaban a campaña “Avanzar es república”, inmediatamente desautorizada publicamente por José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE: “A dirección federal no secunda este objetivo”, lembrando que deben atender as resolucións do 39º Congreso do PSOE.

Hai moita confusión sobre o tema da forma de Estado porque non é fácil determinar hoxe e aquí quen é monárquico ou republicano. Aí está o caso de Francisco Vázquez, ex–alcalde da Coruña, que recibía todo tipo de distincións como republicano exemplar por parte do Ateneo Republicano, cando é un monárquico de toda a vida. Ante tanta confusión, o xornalista e escritor Manuel Rivas escribía en El País da “multiplicación de la especie del republicano monárquico”, que definía perfectamente: “No se sabe muy bien si es medio republicano porque es medio monárquico o si es medio monárquico porque es medio republicano. De ahí se deriva también la simpática tesis dominante: lo mejor de la Monarquía española es que, en realidad, es una República. Quizás en eso consiste la magia de la Transición: vivimos en una Monarquía republicana federal, y lo que pasa es que aún no fuimos informados”.


                                                                                                                                                                                          

Comentarios