Opinión

Movementos de diversión

Todo amosa que un pequeno incidente, entre o Goberno español e máis o de Xibraltar, estase a converter nun culebrón que vai ateigar os medios de información durante tempo. O agravamento do conflito, por accións e declaracións de ambas partes, venlle moi ben a Rajoy e ao Partido Popular, ao desviar a atención de temas como os de Bárcenas, as malas previsións da economía e a pinga constante de medidas que empobrecen as clases populares. Tampouco lle ven mal a Cameron e aos conservadores británicos, que se enfrontan aos mesmos problemas e á xenreira dunha boa parte da sociedade. Tendo en consideración este contexto político, todo reflicte que ambas as partes alentan este movemento de diversión para afastar a atención de eivas e atrancos que non dan resolto (ou que non queren resolver porque dependen máis da Bolsa “que vota todos os días” e dos sobres e postos que entregan e ofrecen as grandes empresas). 

"Darlle folgos ao conflito de Xibraltar, ademais de desviar a atención dos graves problemas sociais e económicos, alenta o centralismo españolista, algo que lle convén moito aos partidos sistémicos para dar folgos ao unitarismo diante das reclamacións de soberanía do nacionalismo catalán, vasco e galego"

Todos e todas sabemos que ao final as cousas van ficar como están no relativo a Xibraltar. Non pode ser doutro xeito, xa que non hai un cambio na situación xeoestratéxica como para que Londres teña que mover ficha. Ademais, se as circunstancias obrigaran a tratar en serio este tema, negociando a integración de Xibraltar no Estado español, un criterio semellante teríase que aplicar en relación a Ceuta e Melilla. Todos estes territorios son enclaves, e foron no seu día ocupados tamén pola forza das armas. Abonda escoitar aos traballadores/as andaluces, que cruzan acotío a fronteira, para comprobar o cabreo, e ver que ninguén entende a que vén esta confrontación de opereta. 

Agora ben, darlle folgos ao conflito de Xibraltar, ademais de desviar a atención dos graves problemas sociais e económicos, alenta o centralismo españolista, algo que lle convén moito aos partidos sistémicos para dar folgos ao unitarismo diante das reclamacións de soberanía do nacionalismo catalán, vasco e galego. Este reverdecer das tensións coa Gran Bretaña, neste momento, ten unha enorme semellanza con aquelas que se escenificaban de cando en vez antes da caída da URSS. Daquela os momentos de gran oposición social coincidían coa presenza dun submarino soviético fronte ás costas, que seica puña en perigo a seguridade, e ocupaba todos os titulares. Agora, os movementos de diversión son outros, mesmo se aproveitan as situacións máis dramáticas, sen ningún rubor. Mais, neste caso, como naqueles da guerra fría, todo indica que só  ficará nunha tormenta de vran. En fin, máis unha demostración de que, este imperialismo cobizoso e de miras estreitas, carece de respostas axeitadas para dar avío ás clases populares, o aspecto no que é débil; a súa fortaleza reside na hexemonía mediática, económica e militar.

http://manuelmera.blogaliza.org/