Opinión

Queimando as nosas redes non se consigue mais cota

Estes días sufrimos unha sabotaxe na nosa pequena empresa de 23 traballadores, botaron ácido en dous aparellos, nos nosos barcos.


Estes días sufrimos unha sabotaxe na nosa pequena empresa de 23 traballadores, botaron ácido en dous aparellos, nos nosos barcos. É, o ultimo ataque, dunha serie de cinco, a armadores que xestionamos a cota  de xeito  individual,  a outros non lles toca. Por unha, banda diálogo, pola outra, sabotaxe, sabótasenos, por xestionar como mellor consideramos para nós e os nosos tripulantes. Quen así actúa non vai conseguir que renunciemos, equivócanse e trabúcanse de inimigo, nós tamén queremos máis cota e un TAC amplo, a reclamar por todos onde corresponda. Agora, que ninguén se engane, sexa o método de reparto o actual, ou calquera outro baseado en criterios socioeconómicos, potencias, etc., a cota terá que ser individual, mentres exista TAC. O único xeito de xestionar as empresas, cada barco é unha, pasa por xestionar do mellor xeito posible o que un ten, ou, alguén coida que volver ao tope diario até esgotar o TAC, é o sistema mais xusto, ou é que é igual un barco de cinco que un de doce tripulantes? Se o acordo de reparto foi malo, non é responsabilidade nosa, non estabamos alí, outros si. Recibimos a cota en función das vendas declaradas no período analizado, non somos responsables de que non teña suficiente quen pescaba coma calquera, presumindo diso, e agora non ten cota, algo pasou. As nosas cotas  coinciden basicamente cos nosos dados, aínda, que a dia de hoxe seguimos revisando os nosos diarios de pesca. Outra cousa é os casos inxustos, que haxa, ou, de adaptación a circunstancias individuais extraordinarias, pero non se resolverá queimándonos aparellos, ao contrario. Nós reivindicaremos e consideramos xusto que se revisen eses casos que haberá; agora, quen se queixa de cota e na actualidade está a modernizar e ampliar a súa embarcación, non pode reclamarnos nada, pois nada lle temos que dar. Opino que foi un erro, que pagamos, repartir no novo sistema o TAC por comunidades, responsabilidade de quen o pediu, eu non estaba alí, outros si.

Eu quero máis TAC e máis cota para ser rendíbel e sostíbel, mais non vou recorrer á vía da sabotaxe aos outros

Eu quero máis TAC e máis cota para ser rendíbel e sostíbel, mais non vou recorrer á vía da sabotaxe aos outros, nas guerras sempre hai damnificados e o que é peor mortos. Pola vía da queima dos nosos aparellos ou de outros, ninguén vai ter máis cota, non sigamos por ese camiño e non rompamos a lei non escrita do mundo mariñeiro: non se ataca os barcos, non se sabe quen che vai botar unha man no mar, caso de perigo. Se o resto teñen dereito a xestionar como queiran, é unha opción, nos tamén e tamén reclamamos mais cota para todos incluídos nós, aí encontrarémonos.
 

Comentarios