Opinión

Comunismo de “Capital”

O outro día, após unha laboriosa comida, e dentro destas moitas conversas de sobremesa escomecei a ouvir comentarios de todo tipo encol da situación do noso país. Alleo eu, a toda malintencionada palabra dos comensais, atendín, sempre á marxe, a tan afervoada trifulca.

O outro día, após unha laboriosa comida, e dentro destas moitas conversas de sobremesa escomecei a ouvir comentarios de todo tipo encol da situación do noso país. Alleo eu, a toda malintencionada palabra dos comensais, atendín, sempre á marxe, a tan afervoada trifulca.

Había voces de todas as clases e cores, de todas as ideoloxías. Acostumado a non máis que posturas dogmáticas de dereita (española)  e non máis que populistas e case demagogas posturas dunha esquerda moderada, albisquei uns argumentos moi afervoados de alguén que se definiu como comunista, no senso completo, mais ao meu ver ambiguo, da palabra.

"Con dedo acusador e ton representativo do máis insigne Trotsky, díxome: "eu non estou de acordo cos nacionalismos teus, que impoñen fronteiras"

Cando xa non puiden máis e interviñen, a devandita persoa, nun alarde revolucionario, con dedo acusador e ton representativo do máis insigne Trotsky, díxome: "eu non estou de acordo cos nacionalismos teus, que impoñen fronteiras". Dá que pensar.

É ben coñecido a oposición comunista estatal.  Ese comunismo da Capital con exemplo perfecto no PCOE, que nun nada disimulado textos déixanos claro a súa postura. Sendo esta a postura “oficial”, de tese, fáisenos raros o discurso de ampla fronte que se vende, ou pretende vender, dende os emisarios esquerda-unistas no nosos país. E é que a ambigüidade que se desprende pode levar a enganos, mais seguen a ser o que son, e seguen a obedecer ao que obedecen.

E é que os mesmos comunistas (falo sempre do comunismo estatal español) que aceptan a autodeterminación dos pobos, non aceptan así o nacionalismo, como imposición de clase. Esta posible contradición non era concibida por Lenin, que incluso no seu “Dereito das nación a autodeterminación das nacións”, chamaba intelixencias obtusas aos que a suxerían. Non cren no nacionalismo, pénsano en motivo de imposición de clase e por tanto non o asumen. Alegan tan só un punto de autodeterminación, esgrimido quizais, para contentármonos e sumármonos ao carro.

Eles ven clariño nolo din. Din que o nacionalismo é un fenómeno burgués, e que serve aos poderes de clase, engadindo alén disto, que é un método para dividir ao proletariado das distintas nación e pobos.

"Din que o nacionalismo é un fenómeno burgués, e que serve aos poderes de clase, engadindo alén disto, que é un método para dividir ao proletariado das distintas nación e pobos".

E se imos máis alá, e rescatamos palabras de Marx cando dicía aquilo de que só cando o ser humano sexa un ser xenérico, abstracto, só entón, teremos a emancipación humana consegue meter medo a calquera multiculturalista, poñendo en xaque calquera reivindicación da personalidade diferenciada dun pobo e nación.

Ollando agora á esquerda estatal, unificada en IU, percibimos os máis numerosos partidos, dende o partido Comunista de España (PCE) até Unión de Xuventudes Comunistas de España (UJCE), pasando inclusive polo Colectivo de Unidad de los Trabajadores (CUT-BAI). Todo este cubil ideolóxico, claro está, baixo a dirección de Cayo Lara, coas pousadeiras nunha confortable cadeira tralo enorme mesado dun despacho de Madrid, capital e fortín.

Fáisenos, xa que logo, estraño ouvir místicos debates que por melosos, unificadores e transgresores que soen, cunha  enxergada e satisfactoria fronte de posible creba democrática, por moi desexada que for, non deixan de ser unha pasaxe a bordo do tren electoral. Un saudoso corcel a lombo do cal chegar a cotas de poder, pondo, baixo o dominio da capital do estado, intereses galegos. É, foi e será, un comunismo de “Capital”.

Comentarios