Opinión

O Himno Galego, o espello de Galicia

Alguén inventou algunha vez o de “versión longa ou versión curta”, para o himno galego. Como se se tratase dunha cuña publicitaria. Unha carallada. Típica conachada -que dirían os ferrolanos- que pode ter varias xustificacións; ou hai xente que pensa que o poema de Pondal non é digno de ser cantado na súa totalidade, ou se pensa que a interpretación dun himno conta cronometricamente como un spot, ou hai intencións de que non se poidan cantar certos versos.

Calquer das tres posibilidades poderían cadrar certamente na realidade do país. Hai xente que non valora suficientemente o noso, hai quen non está orgulloso dos nosos símbolos e hai quen quere agochar a realidade e o noso pasado.

Ou hai xente que pensa que o poema de Pondal non é digno de ser cantado na súa totalidade, ou se pensa que a interpretación dun himno conta cronometricamente como un spot

O himno que temos  é o que é, a historia dende os inicios até o ano 1984, onde foi adoptada na lei de símbolos de Galicia, xunto coa bandeira e o escudo, é unha historia apaixoante de amor á nosa terra onde participaron varios implicados e onde galegos e galegas, tanto peninsulares como da emigración, asumiron este canto como berro de amor á nosa patria. Se Pondal (autor do poema), Pascual Veiga (autor da Música) ou o mesmo Fontenla Leal, peza clave na divulgación e coñecemento da partitura dende Cuba, levantasen a cabeza, e mirasen e escoitasen tremenda conachada, farían un aceno e dirían: “Pfff… non aprendimos nada.”

O himno non hai que “amputalo” porque non ten ningunha enfermidade. Serán algúns os que non están sans?

Comentarios