Opinión

Un recurso anunciado

[María Obelleiro]

Non sorprende que o Goberno estatal anunciara no día de onte a presentación dun recurso contra a Lei galega de saúde, aprobada recentemente no Parlamento da Galiza cos únicos votos a favor do PP. Un recurso que supón a suspensión dos artigos impugnados mentres o Tribunal Constitucional non emita o seu veredicto.

Era ben coñecido, tamén por Feixoo, o problema de legalidade que supuña un texto de natureza punitiva que trata a pandemia como unha cuestión de orde pública e non de saúde pública. De feito, non por acaso optou por presentar a lei a través do grupo parlamentario do PP e non a través do Consello da Xunta. Desta maneira, saltaba os informes xurídicos correspondentes e garantía a súa aprobación. É o que ten xogar a facer política.

Lembremos que Feixoo enviara a Sánchez en outubro de 2020 unha proposta para reformar a Lei orgánica de saúde no marco da estratexia para se situar como referente do PP en España e para facer de xefe da oposición. Quedan por diante días de cruzamento de acusacións entre uns e outros.

Comentarios