Opinión

O IVE da luz

[Maria Obelleiro] 

O Consello de Ministras e Ministros, reunido onte de maneira extraordinaria, aprobou, como xa anunciaramos, a rebaixa do IVE que se lle aplica á electricidade do 21 ao 10%. Unha diminución da que ficarían fóra, debido ao seu consumo, algunhas pemes e autónomos. Desta maneira, o Goberno español trata de aplacar o encarecemento da factura da luz, cuxo prezo está a experimentar picos históricos este mes. O recorte do IVE impactará nas arcas do Estado, polo que debería compensarse cun incremento dos impostos ás grandes fortunas. O problema principal dos prezos da enerxía non é o IVE, senón o propio sistema de oligopolio no que as tres grandes empresas, que copan case o 80% do mercado, fixan os prezos. Evitalo pasaría por nacionalizar o sector, entre outras medidas. Tamén é necesario aprobar unha tarifa eléctrica galega para acabar coa discriminación que sofren as galegas e galegos, pagáns do espolio enerxético, da pegada ecolóxica e da propia factura da luz. As grandes enerxéticas, que pagan fóra os seus impostos, seguen a frotar a mans

Comentarios