Opinión

O Apalpador

[Xesús M. Piñeiro]

A noite do 24 ou a do 31 son as que a tradición recolle para a chegada do Apalpador, baixando das montañas do Courel para percorrer os fogares da Galiza. Figura que non aparece só no Courel, senón que se manifesta con diversos nomes noutros lugares da área galego-portuguesa: Apalpador tamén no Bierzo, Apalpa-barrigas nos Ancares, ou Pandigueiro na comarca de Trives.

“Vaite logo meu ninín/ iña neniña/ marcha agora para a camiña, que vai vir o Apalpador/ apalparche a barriguiña. /Mañá é día de cachela,/ que haberá gran nevarada/ e a vir a Apalpador/ cunha mega de castañas”. A cantiga recollida pola vella Amadora nas montañas do Courel ilustrábanos sobre este personaxe.

Os investigadores José André Lopes Gonçales e Carlos Calvo foron quen comezaron coa recuperación dunha figura que xa é, un ano máis, parte indisolúbel do nadal na Galiza. Mesmo neste nadal marcado outra vez pola Covid e a evidencia, máis unha vez, da necesidade de protexer a sanidade pública, danada con sucesivos recortes. Como se fose as aprezadas castañas do Apalpador.

Comentarios