Opinión

Mariscal de Gante, o apelido

[María Obelleiro]

Compañeiro de armas do Exército nazi durante a II Guerra Mundial como voluntario da División Azul, comisario da Brigada Político Social e xuíz do Tribunal de Orde Pública, Jaime Mariscal de Gante y Moreno instruíu algunhas das causas máis destacadas contra os demócratas galegos entre 1966 e 1974. A súa sinatura ficou estampada na sentenza contra os estudantes procesados polas protestas compostelás de 1968 e na resolución contra os condenados en 1967 por penduraren autocolantes coa lenda "Liberdade para Galiza". Morto o ditador e aprobada a constitución de 1978, estivo no Tribunal Supremo.

Outra Mariscal de Gante foi a encargada de ditar sentenza contra 41 dirixentes políticos e funcionarios cataláns acusados polo Tribunal de Contas por supostos gastos indebidos durante 2011 e 2017. Filla de Jaime, xurista de formación, membro do Consello Xeral do Poder Xudicial a proposta do PP, foi ministra de Xustiza na primeira lexislatura de Aznar. Despois, mantívose como deputada cuneira por Albacete, sendo recolocada en 2012 polo PP no Tribunal de Contas.

Comentarios