Opinión

Ence

[Xesús M. Piñeiro]

A factoría de Ence instalouse na parroquia pontevedresa de Lourizán por decisión do Goberno de Francisco Franco a finais da pasada década dos 50. De pouco valeu a protesta de veciñanza e mariscadoras, algunhas das cales acabarían no cárcere por se opor ao proxecto da pasteira. Desde a instalación desta factoría, xa nada volvería ser igual. 

Coa fin do franquismo agromou con maior forza a mobilización e conciencia cidadá de que unhas instalacións como as de Ence non deberían estar na primeira liña de Ría. Nin por motivos ambientais, nin por motivos sanitarios, produtivos ou mesmo de calidade de vida da veciñanza da comarca. 

Esta demanda, cun amplo apoio social en Pontevedra e no conxunto da Galiza resumida nun “Ence fóra da Ría”, foi partillada desde a súa propia orixe polo nacionalismo, que a situou como prioritaria na súa acción á fronte do Goberno municipal. Un compromiso público que revalidou mandato tras mandato.

Nin empresa nin o partido que goberna na Xunta deberían caer na tentación de xogar a baza de encirrar unha parte dos traballadores de Ence para acurralar e chantaxear alcaldes e Gobernos simplemente por facer o que prometeron facer.

Comentarios