Opinión

A raia

O fechamento da fronteira entre Galiza e Portugal impacta de forma directa no día a día de ambas as marxes do Miño. A raia volve ser fronteira, con todo o que iso implica. E os efectos non se limitan a esas áreas senón que, nunha zona cada vez máis interdependente e chamada a se entender, afectan Galiza e Portugal.

O anuncio do Ministerio de Interior de manter unicamente aberta a fronteira con Portugal 24 horas no paso de Tui-Valença e con limitación horaria en Salvaterra-Monção supón un novo 'mazazo' para os concellos transfronteirizos, que así o manifestaron. Consideran que se volve repetir a problemática do pasado confinamento, polo que solicitan que os pasos de Tomiño-Vila Nova de Cerveira e Arbo-Melgaço tamén estean operativos.

O Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza AECT Río Miño considera que a decisión dos Gobernos español e portugués supón un "novo agravio". Que, cunha densidade circulatoria inferior a Galiza, Estremadura teña un paso máis con Portugal neste feche "non é de recibo". De aí a petición de abrir, con todos os controis necesarios, os pasos existentes. Para que entre Galiza e Portugal haxa a 'raia', mais esta non sexa unha fronteira.

Comentarios