Opinión

56%

[Xesús M. Piñeiro]

O mesmo día en que coñeciamos que o paro rexistrado baixaba en 7.588 persoas na Galiza, sen contar as afectadas por un ERTE, tamén coñeciamos que máis da metade dos fogares da Galiza chegan con dificultade ou moito dificultade a fin de mes. 

Ambos os dous datos van da man neste proceso de ‘desescalada’ sanitaria da pandemia que non acaba de se converter tamén nunha ‘desescalada’ da crise.

Os sindicatos volven apuntar a lúa: a evolución do paro non debe nublar a visión, pois hai “un aumento da destrución de emprego e da precarización das condicións laboráis”, denuncian. A redución do desemprego rexistrado en xuño “é a tendencia habitual nos meses de verán, reforzada este ano tamén pola mellora da situación sanitaria”, advirten. Apuntan a lúa, polo que non deberiamos ficar no dedo: baixa o paro.

O 56% dos fogares galegos pasan dificultades para acabar o mes. A baixada nas cifras do paro semella non ser quen de reducir significativamente esa porcentaxe. E iso debería de ser motivo de preocupación nos Gobernos galego e estatal. De preocupación e tamén de actuación.

Comentarios