Opinión

50 anos de espertar

[Alberte Mera]

Hoxe, hai 50 anos, vía a luz o emblemático grupo Fuxan os Ventos, banda sonora de mil e unha loitas do pobo galego: a da cota empresarial, contra a destrución de terras, ríos e vivendas polos encoros, a prol do galego no ensino e en toda a sociedade, pola dignificación do agro, do mar e pola recuperación da memoria galega. 

Sempre estiveron aí e hoxe en Lugo celebrarán o seu medio século de vida coa exposición que, de seguro, fará agromar mil e unha emocións. 2022 está a ser un ano de celebrar 50 anos de país, desde o musical e comprometido de Fuxan, a outros sons como o das protestas obreiras de Ferrol e Vigo de marzo e setembro de 1972. Foron as manifestacións do espertar dun pobo após o aniquilamento que causou o franquismo na Galiza en 1936 e que tamén segou as vidas nese ano de Amador e Daniel. Folgas obreiras contra a precariedade e pola liberdade da Galiza, fronte á ditadura, o espetar do sindicalismo galego e a conciencia de país e de pobo, tamén, entre  a mocidade cuns Estudantes Revolucionarios Galegos que neste 2022 tamén se fixeron 50 anos do seu nacemento. Medio século de loitar, aprender e compartir cos sons de Fuxan e outras moitas e moitos compositores da Galiza apegados ao pobo. 

Comentarios