Opinión

Un aviso máis

O domingo estivemos en Compostela pola defensa da nosa Sanidade Pública (Atención Primaria) de calidade. Alí naquel clamor notouse que temos no Goberno en Galicia (x3) unha estirpe política de incompetentes, con bos salarios, tal personaxes insensibles e irresponsables para coas obrigas e tarefas que lles tocan. Todo vai de superficial e así de escaso sedimento. Iso leva consigo o mal vivir da cidadanía no tocante neste caso, que hai máis, á saúde. Dannos peixe mal conxelado por fresco. As declaración do Goberno que van cheas de pompa e palabras floreadas, non implican medidas satisfactorias, nin solucións. E o pobo sofre as carencias, as consecuencias, do Sistema Sanitario, as cales están presentes no vivir de cada noso día e lugar. E así a pregunta, ao pé da Sanidade Pública Galega, polos verdadeiros principios esenciais democráticos deste Pobo do Galego. Cales son os contratos sociais? Cúmpreos o Goberno en Galicia (x3) para que nos dean atencións e seguridades? A Sanidade Pública (a Atención Primaria) si debese ser para nos sentir orgullosos, pero fóra das e dos sanitarios, non nos gusta, pois cos recortes e máis, o que está a pasar e vivirmos, son golpes directos á nosa equidade e á nosa dignidade. 

Vai a nosa Sanidade, en fría operación gobernamental sen miramentos, en privatizarse? Pois que ninguén pense que pasado o día, pasou a romaría, non. Todo está latexante en presente activado e continuado. As nosas augas moven muíños. E coce o forno. Todo está en pé, pois na saúde vainos a vida esencial. Velaí un aviso máis. O “domingo canón” (do catorce) disparará sempre.

Comentarios