Opinión

Que fixestes?

En cincuenta anos esa pode ser a pregunta que a nosa xente se faga por nós non actuar como se debese referido ao eucalipto (árbore maldita).Non estrañaría. Xa que agora e desde o Goberno “en” Galicia, queren que o eucalipto estea por todas partes. Que sexa a alternativa da industria madeireira.Non falar doutra. A rendibilidade económica non terá competidor. El por canto se quere multiplicar a superficie forestal do eucalipto? As alarmas saltan. O descontrol é unha ameaza. O eucalipto non é boa cousa. O impacto ambiental, paisaxístico, para a biodiversidade e os ríos, é altísimo (e para mal). As plantacións desta árbore (que foi exótica) han ser moi planificadas, con marcos á expansión, preocupándonos da súa explotación intensiva, xa que de seguir, a situación irá a peor. Sabemos que se emprega case exclusivamente para a industria papeleira, que se vende ben, pero a escolla non pode ir entre o malo e o peor. Terán que cambiar as conciencias, pois todas as árbores non son iguais.

No antedito, o Goberno “en” Galicia será moi transparente. Non pode buscar o “si señor, tá ben”. Nisto do eucalipto, coma noutras cousas que nos atinxan, as tendencias permisivas non poden raiar no perigoso, nin no preocupante. Cambiemos o ciclo. Nas regulacións progresivas, nas decisión, para o control do eucalipto, hai que reflexionar e moito o que nos viría enriba de non lle poñer remedio ao asunto neste presente. Sabemos das políticas potentes (consentidas) das empresas, pero preguntámonos o que se entende por “transición ecolóxica”? Quen serán protagonistas? Dúas celulosas máis?

Comentarios