Opinión

O posible que tamén leva consigo soños

Que a convivencia implica liberdade dáse por sabido.E os feitos que se derivan? Non sería ben, a nivel realidade, cuestiónalos? Pois hai moitas cousas ghuapas que caen de caixón, ideas sacrosantas, que descansan en cimentos danados de falsidade. A convivencia e a liberdade arestora non están reservadas para seren dirixidas polas clases dominantes? Non nos estaremos volvendo servos de poderosos e peóns dos mercados? Quererán facernos uns merdiñas prescindibles?

Niso, e mirando por fóra de nós, nótase o mover dos pobos no posible (que tamén leva consigo soños) da súa soberanía. Catalunya, Euskal Herria, Gales, Belfast de Eirín, Escocia, as Guerrillas Étnicas Birmanas, o HDP en Turquía etc. son mostras do bracear dos Pobos no sentido da soberanía. Pois aí tamén nós iremos facéndoo nunha mellor organización desde quen cren na concorrencia en liberdade e en igualdade. Unha soberanía representativa nas competencias para exercer capacidades de decidir e lexislar. E así en acordo parlamentario, comunal, plural e integrador, sen inxerencias de ningún tribunal, pois os Parlamentos son (ou non son) inviolables? Tomar o futuro nas nosas mans. Que se esquezan, mal van, quen prediquen que a soberanía traería o caos, pois o certo é que nela a cidadanía, Galiza, en acordos políticos como métodos positivos para avanzar en marcos de confianzas, a moitos consensos,construíndo colectivamente, acadará o seu rol significativo. Determinamos quen somos. Non nos consolidamos en falso. Aí avanzamos.Tamén sabemos que os tempos non están para botar pólvora. Non pecamos de optimismo.

Comentarios