Opinión

O enerxético sector

Estiven na feira local de Terreboredo, A Estrada, onde se expoñían e vendían  productos de proximidade. Alí estaba a posibilidade vital e cualitativa do rural. Tamén, xunto con outras, estaban as xentes de Montes e Tabeirós coa súa mesa informativa e de signaturas contra os eólicos invasores destas terras.Sabemos - e somos solidarios coas outras Plataformas- que polo mesmo están a traballar en toda Galiza.De mar a terra e de terra a mar.

Logo na casa dei en matinar no antedito. Na agresión, sen sentido de construcción, que nos fan os parques eólicos e como nos sentimos orfos dos Gobernos que nos representan.Un pensa no Tratado da Carta da Enerxía ( 1991) creado polo sector enerxético en verdadeira arquitectura xurídica de impunidade.Un tremendo tratado normativo construido polas transnacionais ( e os Gobernos/Estados que as apoian) para blindaren os seus negocios, pasando por riba dos dereitos fundamentais dos pobos e da súa soberanía ( que a debese haber).Velaí a privatización da xustiza onde os investidores poden demandar aos Gobernos e reclamarlles indemnizacións se consideran que lexislaron contra deles. Poden reclamar o investido e así tamén as posibles gañancias que terían..Os tribunais actúan á marxe dos  tribunais públicos, sen teren en conta a lexislación de cada sítio.E non vale ir a recursos superiores. Aí acábase (en non poucos casos coa connivencia dos gobernos).Velaí a marabilla.Non hai outra. Pois nin un paso atrás diante dun inimigo case invisible.O mal pode ser irreversible.Da  iniciativa privada non pode ser a batuta. Haberá suspensións dos eólicos?

Comentarios