Opinión

IA

Imos por tempos da Intelixencia Artificial(IA). Un querer que deleguemos nas máquinas as nosas capacidades. Esa tecno-ideoloxía de camiños únicos que busca recortes das nosas intelixencias. Velaí a IA a funcionar para posibilitar autoridade e que os seus diagnósticos se consideren verdadeiros para deseñar condutas e actitudes. A figura humana sometida aos seus artefactos. Un novo vivir en verdades envoltas por fakenews e posverdades. Así teledirixidos e respondendo a intereses privados determinados, nas lóxicas dos mercados, nas políticas, para favorecer unha organización social á pura comenencia de minorías corporativas, pois o neoliberalismo fomenta o individualismo feroz. Faise certo o aquel xa dito pola Thatcher: “A sociedade non existe”. Velaí a controlcracia. Teleguiar para o maior beneficio. Así Eric Sadin fala do tecno-logos (tecnoloxía como medio de dominación, control e explotación).

Non admitamos pasivamente esta corrente que vai por nós. Non é desexable caer na autotortura do que “nada se pode facer, pois téñeno todo ben atado”. Certamente as cousas non están ben, poden ser peores, pero para as consecuencias da IA, non vale o “sálvese quen poida”. Non é o camiño. E índonos das responsabilidades, non podemos concluír que “o mellor é ser coma eles”. A verdade non é sempre a das pantallas. Nin a dos discursos. Tampouco a das redes. Dediquemos enerxías a polo común. Defendamos os dereitos das persoas. A IA levará outras intencións, establecendo condicións dignas de vidas, de producións e traballos, así en amorosa relación coa nosa Cultura. Coa nosa Natureza.

Comentarios