Opinión

Picasso e Galiza

Na Coruña realizou  moitos debuxos que tiñan a cidade e  as impresión que lle causaba  como protagonistas.

O oito de abril cumpríronse corenta anos do falecemento na cidade francesa de Mougius de Pablo Picasso. Case medio século logo da súa desaparición, Picasso segue exemplificando a complexa creación plástica do século XX, pola súa capacidade para crear novas linguaxes e definir os camiños que cambiarían a arte contemporánea.

Picasso foi un artista con múltiples facetas, un home cunha vida longa e poliédrica que tivo eco na súa obra desde a súa contorna máis persoal. Amigos, mecenas, esposas e amantes, cidades e lugares, guerras, todo confluíu e tivo reflexo na vida do artista contemporáneo por excelencia. E Galiza e A Coruña tamén ocuparon un espazo,  pero desde logo moito menos coñecido e referenciado que cidades como a súa Málaga natal ou Barcelona, onde desenrolou a súa formación ata que en 1904 se asenta definitivamente en París.

"Na Coruña realizou  moitos debuxos que tiñan a cidade e  as impresión que lle causaba  como protagonistas".

Tres anos e medio durará a estancia na Galiza da familia Ruiz Picasso, nos que o xoven Pablo iniciará a súa formación artística tendo como mestre o  seu propio pai e  como profesor de  debuxo a Isidoro Brocos. Un e outro serán moi importantes na súa formación académica, na sólida base  técnica  na que para ambos tiña que asentar o seu traballo.  Na Coruña realizou  moitos debuxos que tiñan a cidade e  as impresión que lle causaba  como protagonistas. Por exemplo, dous xornais cunha soa copia,  “A Coruña” e “Branco e azul”, que utilizaba para comunicarse ca súa familia malagueña, tías e avoa, algún con lendas como “Como se bañan as de Betanzos", "Xa comezou a chover, así continuará até o verán", "Tamén empezou o vento e continuará até que non haxa Coruña" ,  e "Boceto para unha torre de caramelo", un nome cheo de sensacións que pai e fillo daban á Torre de Hércules. 

Indubidablemente o clima atlántico tan diferente do da súa Málaga natal impactaba na aquel adolescente que tamen retrataba a  personaxes esmoleiros, campesiños e xente anciá, modelos que atopaba nas rúas coruñesas, especialmente nos seus paseos pola praia, a rúa Real e o porto. Todos eles aparecen en dos albumes de debuxos fechados tamén no seus anos en Galiza.
  
Dende xaneiro a abril de 1895 serán os últimos meses que Picasso pase en Galicia, e serán duros e dolorosos para él e a súa familia pola morte por difteria da irmá pequena do pintor, Conchita.  Quizá como contrapartida para superar a tristeza, produce obras con maior intensidade, sobre todo lenzos. De entre todos destaca "A rapariga dos pés descalzos" (inspirandose no que parece que foi o seu primeiro amor adolescente,  e que iniciará unha longa lista de mulleres - Fernande Olivier, Olga Koklova, Mª Therese Walter, Doura Maar..- relacións amorosas que se reflectían nas súas obras).

Esta obra tivo un extraordinario valor para el, xa que a conservou ao longo de toda a súa vida do mesmo xeito que “Esmoleiro con gorra”. Este cadro foi exposto nunha das tendas da rúa Real en marzo de 1895, xa que Picasso realiza as súas dúas primeiras exposicións en Coruña.  O critico Alejandro Barreiro deixou escrito que a “súa execución denota verdadeira valentía coma se os pinceis, no canto de seren manexados por débil man, fóseno pola dun pintor xa avezado no traballo" 

"Poñer en valor, e polo tanto difundir esa parte da biografía de Picasso en Galiza, é aínda unha asignatura pendente"

 Moitos anos máis tarde, cando xa Picasso e mundialmente coñecido ,  nunha entrevista co xornalista Antonio D. Olano, recordará aquela viaxe a Galicia en setembro de 1891 como "dura e accidentada, como unha especie de calvario marítimo, con desembarco en Vigo, para continuar en tren até Santiago e en carroza até Coruña". Pero  falará  tamén daquel  primeiro contacto  cunha paisaxe, tan diferente da súa Andalucía natal que  impactou na aquel adolescente de dez anos. Poñer en valor, e polo tanto difundir esa parte da biografía de Picasso en Galiza, é aínda unha asignatura pendente, unha parte da historia que é necesario recuperar non só para non a esquecer, senon para a coñecer e difundir.

Comentarios