Opinión

Da condena á rehabilitación

Desde 1981 a 2010 os estudos sobre Prisciliano están a interesar, mais nunha dirección diferente a que provocara o GALEGUISMO da xeración Nós. Tal xeración aceptaba a Prisciliano como herético e como unha das raices do diferencialismo galego. A actual reivindica a ortodoxia sustancial de Prisciliano, ve nel “un mito fundacional”. A publicación de V. Pérez Prieto,” Prisciliano e o priscilianismo.

Desde 1981 a 2010 os estudos sobre Prisciliano están a interesar, mais nunha dirección diferente a que provocara o GALEGUISMO da xeración Nós. Tal xeración aceptaba a Prisciliano como herético e como unha das raices do diferencialismo galego. A actual reivindica a ortodoxia sustancial de Prisciliano, ve nel “un mito fundacional”.

A publicación de V. Pérez Prieto,” Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación”( Biblos , col. Mandaio, 2012), é unha acabada demostración de tal empeño . Mentres un importante número de historiadores desfacían as interpretacións tradicionais dun bispo herexe, na Galiza tiñan lugar tres congresos dese tema. 1981, en Pontevedra, 2006, en Santiago, e no 2010 en Ortiguera.

Por obra de X. Chao Rego e de V. Pérez Prieto temos unhas biografías solventes. A de Chao subliña a oposición ao poder de tal bispo; a de V.Pérez remexe nos “fascículos priscilianistas”.Por fin, Victorino Pérez Prieto, profesor principal no congreso de Ortigueira, consegue dármonos, na publicación devandita, as bases documentais e a interpretación elaborada por especialista da vida e obras do bispo Prisciliano.

Son cinco capítulos. Comeza VPP coa pregunta “Que podemos dicir hoxe de Prisciliano”. Nunha apretada síntese histórica, aclara a xeira humana e doctrinal do bispo e deduce de toda a documentación que, efectivamente, foi un proceso nunhas circunstancias adversas coa condenación civil e lamentábel do gran asceta e bo teólogo Prisciliano. Utiliza o autor unha copiosa bibliografía e remata :”As obras repetidamente citadas, ..a do holandés Goosen(As bases do ascetismo Cristián de Prisciliano), texto que demostra de maneira clara e tallante que a teoloxía de Priscilianmo non era herética, senón un tanto arcaizante”, p.33.

Ma. José Bravo Bosch estuda o proceso e a morte de Prisciliano, pp.40 a 51.Lamentabelmente non temos as actas do xuizo.. Andrés Olivares Guillén, pp.52-86, agasalla ao lector cunha esmerada análise de textos medievais relacionados co priscilianismo. A destacar o paralelismo do proceso de Prisciliano e a do “Adopcionismo” de Elipando de Toledo, 717-800, e Felix de Urgel. Nos dous casos intervén: bispos, o Papa, e o Emperado. Nos dous casos as doctrinas denunciadas teñen continuidade na busca dun coñecemento teolóxico de Deus.

Suman os restantes capítulos os profesores: R. Ventura y Ma Pilar G. Negro. Ventura co n Prisciliano e o Priscilianismo em Portugal; G. Negro con Prisciliano, o Priscilisnismo e as mulleres.

Un libro de edición moi coidada, de interés sumo e de lectura provocativa. Unha novidade nas Letras galegas. Francisco Carballo