Opinión

E ti de quen ves sendo?

Días atrás, a Real Academia Galega (RAG) presentaba unha publicación na que orientan para galeguizar os apelidos, iniciativa á que non teño nada que obxectar, xa que entendo que suma á hora de consultar moita xente que desexe volver o seu apelido ás orixes e tamén porque descoñezo os contidos concretos da publicación.

O que si me chama poderosamente a atención é que a día de hoxe, membros da RAG, comenzando polo seu presidente, o señor "Alonso Montero", manteñan aínda o apelido en español e presenten esta publicación chamando á xente a galeguizar os seus. Outros coñecidos académicos como Ramón Villares (Presidente do Consello da Cultura), Antón Santamarina, Rosario Blanco, Fina Casalderrey ou Bernardino Graña Villar manteñen apelidos españois tamén.

Sen ter escoitado as súas explicacións (si é que as deron), venme á memoria unha das primeiras persoas que galeguizaron o seu apelido aló polos anos setenta, Xan Naia Bello, galeguista que foi concelleiro en Oleiros e que ten devolto letras e facturas no seu negocio para obrigar aos proveedores a poñer ben o apelido e que tivo que sofrer burlas e insultos por iso. Que pensarán persoas como Xan Naia que non precisaron da RAG nin das súas publicacións ao ver que aqueles que teñen que coidar o noso idioma predican pero non dan exemplo?

E aqueles galegos que gobernan como Rajoy e Feijoo? Este ultimo non pode acollerse á escusa de que está en galego-portugués porque nin o pronuncia dese xeito nin o fala.

Tamén teño coñecido casos de estar o apelido correctamente escrito e ter que mudalo (de J a X) para que a xente o pronunciase correctamente.

Entendo, pois que académicos da RAG que non practican o que predican, non teñen credibilidade dabondo para estar nun cargo no que, como mínimo, a autoridade lingüística debe estar supeditada á súa práctica. Asuntos tan básicos como a galeguización de nomes e apelidos e tam trascendentes como o recoñecemento das orixes do galego e o respeto a quenes adoitan empregalo poñen en evidencia á RAG e algúns dos que a representan.

Comentarios