Ruxe Ruxe fecha o XLIII Festival de Pardiñas
05 ago. 2022
Pardiñas
O festival de Guitiriz conta cun amplo programa de actividades e de concertos que rematarán hoxe
Aínda que xa comezou onte co VIII Certame de Cantos de Taberna, entre hoxe e mañá concéntranse todas as actividades deste festival declarado Festa de Interese Turística.
A maiores dos concertos e os innumerábeis grupos participantes, tamén acolle a XLIII Mostra de Artesanía, a XXIX Mostra de instrumentos de música tradicional e tamén obradoiros, actividades para nenas e nenos, sesións vermú etc.