Presentación de O que estou a dicir cando digo «Altri non»

02 maio 2025 a 02 maio 2025
19:30 h a 21:00 h
Xosé de Cea
2025_05_02_p31cuarta_presentacion_acorunha - Copia
Xosé de Cea presenta novo libro.

O que estou a dicir cando digo «Altri non»

Desde que se soubo que Altri e Greenalia escolleran Palas de Rei para construír a macrocelulosa solúbel máis grande da Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que, con profundos efectos catastróficos, ameazan non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. E até agora, ninguén se parou a analizar o magma que ferve na enxurrada de indignación que está a percorrer Galiza enteira. No presente ensaio, editado por Laiovento, Xosé de Cea aborda esta problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva.