Festival de lectura Selic 2022
O Selic comezará co artista de grafittis Chephoner, en vivo ás 11 horas, cunha obra orixinal na contorna da Praza do Toural.
Xa na quenda da tarde, ás 16.30 horas, haberá o roteiro Arquitectura do lume en Compostela, tomado do libro homónimo (Editorial Guiverny) de Yago Bonet e Sergio Portela que partirá da praza das Praterías.
Ás 17 horas volven as actividades á praza do Toural, cunha entrevista a Sebastià Portell para dar paso, ás 18.30 horas, a un diálogo literario arredor da novela de Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle (Editorial Galaxia), no 10º aniversario da súa publicación, con Mariana Carballal, voz recitativa, e co grupo de arpas e voces Lulavai.
E para rematar, ás 20 horas, haberá a actividade de lectura A xeración que non foi na que até seis autores lerán fragmentos das súas obras.