Xornadas | 'Xornadas da Frauta'
Xornadas enmarcadas no traballo que desenvolve a Asociación de Gaiteiros Galegos ao redor da música tradicional e tamén no proxecto académico de Cántigas da Terra Escolas da Terra. A actividade dividese entre a sede da AC Cántigas, este sábado ás 11 horas, onde Rafael Quintía Pereira será o encargado de impartir a palestra O Entroido en Galicia” (ritos, funcións, oficiantes e estructura) e, a seguir, Emilia Cagiao Sánchez, da Asociación Entroido de Samede, falará sobre a Recuperación do Entroido en Samede, parroquia do concello de Paderne, facendo unha achega antropolóxica ao Entroido.
Xa no domingo, na Taberna Beade, precisamente en Samede, Paderne, e tamén desde as 11 horas, a data completarase coa palestra A frauta traveseira en Galiza e o obradoiro Construción dun pínfano de cana, ambas actividades a cargo de Oli Xiráldez. Ao seu remate haberá un xantar e foliada.
As xornadas complétanse cunha homenaxe a Francisco Podrencio, frautista do Entroido de Samede, coa presenza da súa familia.