Xornadas | 'Xornadas científicas sobre a figura de Isaac Díaz Pardo.'

24 out. 2025 a 24 out. 2025
10:00 h a 19:00 h
Museo de Belas Artes, A Coruña
Varios participantes
Lourenzo Fernández Prieto
Lourenzo Fernández Prieto participa nas xornadas de hoxe.

Diversos especialistas xúntanse nesta xornada de dous días de duración sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, organizada polo Museo de Belas Artes e a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Neste segundo día os participantes serán Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela) co relato Isaac como empresario republicano e Sargadelos como proxecto industrial fundamentado nunha historia universal de Galicia, ás 10 horas. De seguido Inmaculada Real López (Universidad Complutense de Madrid) achega o relato A cerámica e a súa evolución identitaria desde o Castro a Sargadelos, 11 horas. Ás 12.30 horas será a quenda para Fernando Arribas Arias (Doutor en Humanidades pola USC) co relatorio A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo. Ás 16 horas hai unha Mesa de arquitectos presentada por Xosé Díaz (Comisario da exposición), baixo o título Isaac e a integración das artes. Arquitectura e deseño. A mesa está integrada por Luis W. Muñoz Fontenla (Universidade da Coruña): A arte de emprender e Daniel Beiras García-Sabell (Xefe do Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial da Coruña): A Arquitectura de Isaac Díaz Pardo no rueiro de Sargadelos.