VII Titiberia, Festival de títeres tradicional
29 xul. 2022
12:00 h
Rianxo
As propostas para esta sexta comezan ás 12 horas coa representación de Barriga Verde ataca de novo de Títeres Alakrán no Campo Maneiro de Taragoña
A seguir, desde Nápoles chega Pulcinella da man de Irene Vecchia (Italia) que se porá en escena ás 13 horas na Praia de Tanxil cun encontro postfunción coa palestra 'A tradición hoxe'. Xa logo, na quenda de tarde, na praia da Torre, ás 18.30 horas, Títeres Brincadeira, fará o espectáculo A carteira de Augasclaras. E a xornada rematará a partir das 21.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio, cunha produción propia do Festival, baixo o título As varietés do Barriga Verde, de Larraitz Urruzola, Títeres Alakrán, Títeres Cascanueces, Santi Prego con Jorge de Arcos, Teatro Airiños e a artista de clown Pajarito.