Versos | 'Trazo dobre'
09 abr. 2026 a 09 abr. 2026
19:00 h a 20:00 h
Libraría Paz, Pontevedra
Patricia Sánchez
Presentación no libro de poesía de Patricia Sánchez, editado en Galaxia, que estará acompañada por Cynthia Méndez e Tamara Andrés. O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo. Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, desprega un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben afecto: unha tarefa de aproximación.