Programación de hoxe do Festival de Ortigueira 2022

14 xul. 2022
10:00 h
Varias localizacións
Consulta a programación de actos da xornada de hoxe do Festival de Ortigueira
Faíscas da Pontegra abre a noite no festival desde as 21 horas.
Faíscas da Pontegra abre a noite no festival desde as 21 horas.

Segue o festival de referencia do verán galego, no que as actividades multiplícanse na xornada de hoxe:

  • Desde as 10 horas abren as portas da sala de exposicións do museo coa mostra A memoria do son, exposición de instrumentos medievais e Gaitas, violíns e outras herbas, retrospectiva 2014-2019.
  • A festa polas rúas do concello comeza ás 12.30 horas sucedéndose as ruadas desde esta hora, ao longo do día, da Bandina Popular Los Gascones, da Banda de Gaitas de Guillarei, da Johnstone Pipe Band e Bagad de Vannes Melinerion.
  • E, xa á noite, no escenario Estrella Galicia, estarán desde as 21 horas, a Faíscas da Pontraga, Deira e Holiday Club (finalistas todo eles do concurso Runas 2020), Covagueira e, fechando a data, Talisk, un dos grupos de folk máis populares de Escocia.