Programación Festival de Ortigueira 2022

15 xul. 2022
Varias localizacións
¿Quen toca hoxe no Festival de Ortigueira 2022?: artistas, escenarios e horarios
Susana Seivane volta hoxe aos escenarios de Ortigueira.
Susana Seivane volta hoxe aos escenarios de Ortigueira.

As rúas volven ter protagonismo nesta sexta feira coas distintas ruadas das bandas.

Así, en distintos horarios, actuarán a Banda de Gaites El Gumial & Grupo de Baile Tradicional Fitoria, a Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, a Bagad De Vannes Melinerion e a Banda de Gaitas de Guillarei.

Tamén poderemos gozar de actividades dramáticas no Teatro de Beneficencia (rúa do Príncipe, 2), coa representación do grupo Caldo ás 19 horas.

E como pratos fortes, no escenario Estrella Galicia, teremos as actuacións desde as 21 horas de Johnstone Pipe Band, de Caamaño & Ameixeiras (21.45 horas), da Escola de Gaitas de Ortigueira (23 horas), de Susana Seivane (0.15 horas) e de Red Hot Chilli Pipers, estes desde a 1.30 horas do, xa, sábado 16.