Poesía | 'O tenro é o salvaxe'
18 xul. 2025 a 18 xul. 2025
20:00 h a 23:00 h
Asociación Évame Oroza, Vigo
Samuel L. Paris
Recital de Samul L. Paris dentro do festival impulsado pola Asociación Évame Oroza que baixo o título Máis alto que o ceo achegou ao longo de meses unha escolma da poesía galega e que hoxe se pecha por esta temporada.
Samuel L. Paris achegará versos de O tenro é o salvaxe, un libro editado en Galaxia no que o autor faise preguntas como que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor.