Poesía | 'Son galego'
03 xul. 2025 a 03 xul. 2025
20:00 h a 22:00 h
Asociación Évame Oroza, Vigo
Antonio Rey
Presentación do novo libro de poemas de Antonio Rey, Medulia Editorial, que terá lugar este xoves ás 20 horas na Asociación Évame Oroza, nun acto no que estará acompañado pola escritora e xornalist María Xosé Porteiro e o presidente de Évame, Xabier Romero. Agora que as estatísticas falan da soidade do idioma, reducido ao doméstico, no mellor dos casos, como aquel Galego de América, vén, como acontece de cando en cando, un vento mareiro de rexurdimento no barco do Pan dos pastores e os rabaños e os bosques de Arcadia, e o noso colectivo saúda e bendí a chegada dos barcos e os santos. Poñerémoslle unha frauta e mais un reiseñor.