Poesía | 'O que se volve raíz'

21 nov. 2025 a 21 nov. 2025
19:00 h a 21:00 h
Área Acristalada do Edificio Castelao, Pontevedra
Eva Veiga
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Eva Veiga presenta novo libro de poemas.

Presentación do novo libro de poemas de Eva Veiga, Editorial Elefante, na que a autora estará acompañada por Malores Villanueva, Antón Sobral, Bernardo Martínez e Fito Rares, nun acto organizado polo Ateneo de Pontevedra.

O que se volve raíz é un poemario que devén da escoita atenta e da perplexidade ante unha linguaxe que non pode dicir e, non obstante, é a greta póstuma para acceder ao que, de todos modos, ha de quedar tremendo, indicible, baixo a pel das palabras. Un libro que vida e morte constrúen en concerto, desconcertándose. Non pretende outra unidade que a do fío que imanta os fragmentos da acordanza e da inmanencia do instante.