Poesía | 'Hiponose encarnada'
25 feb. 2026 a 25 feb. 2026
20:00 h a 21:30 h
Portas Ártabras, A Coruña
Ramiro Torres
Ramiro Torres presenta novo libro de poemas, Espiral Maior Edicións, nun acto no que estará acompañado por Eva Veiga e Miguel Anxo Fernán Vello.
Nesta nova aventura o autor entende sempre o poético como un camiño (non exclusivo) cara ao coñecemento, como un lume perpetuo dispoñible dentro do ser humano, expandindo a Vida nunha visión orixinal, depositada estrañamente dentro de nós e transportada a través dunha música verbal descoñecida e, ao mesmo tempo, densamente Real. En calquera caso, os poemas non se poden explicar, só se transforman en enerxía escura con cada lectura, estoupando no corazón nunha alquimia fascinante.