Palestra | 'Cinema Pre-Code (1ª parte)'
08 xan. 2026 a 08 xan. 2026
19:30 h a 21:00 h
AC Alexandre Bóveda, A Coruña
Martin Pawley
A partir de 1934 as grandes produtoras de Hollywood aceptaron unhas regras de autocensura, o chamado “código Hays”, inspiradas por unha moral non xa conservadora senón en moitos aspectos abertamente reaccionaria. Porén, antes da súa implantación xeralizada o cinema estadounidense viviu uns anos de liberdade con grandes filmes que se atreveron a tocar asuntos que axiña se verían prohibidos, como o adulterio, o consumo de drogas ou mesmo a homosexualidade. Ao longo de dúas sesións percorreremos un período fascinante marcado pola transición do cinema silente ao sonoro e o apoxeo dunha industria inzada de novos rostros, mais tamén pola crise económica de 1929 e as súas consecuencias políticas.