Obradoiro | 'Voces en conflito: entendendo os discursos de odio'
08 out. 2025 a 08 out. 2025
10:30 h a 12:00 h
Biblioteca pública municipal Francisco Carballo, Maceda
Atoupa Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil
Obradoiro palestra na que se abordará que son os discursos de odio e como se manifestan na nosa vida diaria. Neste obradoiro verase como os prexuízos contribúen á discriminación e vulneran os dereitos de diferentes colectivos. Xuntos buscaranse ferramentas para contrarrestalos e que nos axuden a construír sociedades máis inclusivas.